luns, 31 de agosto de 2015

ENTREVISTA A MONTSE MAGALLANES DEPUTADA SOCIALISTA DO BAIXO MIÑO



Guardesa, licenciada, profesora particular, nai, socialista, concelleira e agora tamén deputada. A que era fae 15 anos a promesa socialista comeza agora unha das etapas máis importantes para a súa vída e o seu pobo. Por fin A Guarda ten o espazo que merece dentro da Deputación de Pontevedra por medio de Montserrat Magallanes. 


Nada no ano 1968, licenciada en empresariais na Universidade de Vigo, casada, con dous fillos, chegou a formar parte executiva socialista na época de Emilio Pérez Touriño, quedamos con ela para que nos conte que tal esta nova etapa e como ve a política guardesa.


Falamos cunha veterana na vida política xa que levas 16 anos na política activa, ¿arrepinteste de dar ese paso?


Cheguei ós Socialistas da Guarda no ano 1999, e podo asegurar que en ningún momento puiden arrepentirme, ó contrario, seguramente agora me atope máis cómoda e cun maior sentido da responsabilidade que cando comezei pero tamén con mais ilusión que naquel ano.


Esta é xa a cuarta alcaldía da que formas parte xunto cos Socialistas da Guarda, ¿Que é o que mais destacarias desta andaina politica nestes anos?


Pois si, cheguei no ano 1999 e ese mesmo ano gañamos as eleccións e entramos a gobernar, pero un ano despois tivo lugar a moción de censura pola cal os vindeiros tres anos fomos grupo de oposición. Eses anos foron de moitísimo aprendizaxe, aprender dia a dia, coñecer a xente, coñecer os metodos de traballo da administración local, en definitiva un período de aprendizaxe continuo.


Despois cando chegas o goberno o que compre destacar é o estimulo continuo, moitas realizacións nun curto periodo de tempo. Por exemplo cando chegamos o saneamento das contas do Concello foi un dos maiores logros e o proxecto tivo que realizarse nun curto periodo para que funcionara a longo prazo. Outros como o Castelo de Santa Cruz son proxectos que se dilatan máis no tempo.

Este novo curso político que comezamos hai escasamente tres meses por exemplo tivemos que pechar a axenda das actividades culturais e turisticas e un montón de proxectos novos nos que xa estamos traballando, porque neses primeiros dias, a actividade foi constante para non perder tempo en asentar xa as bases, porque ata que se chega o propio día, non podes máis que traballar sobre o papel e non na práctica.


¿Cales foron os motivos que te levaron a embarcarte no proxecto dos socialistas da Guarda?


Montserrat Magallanes

Teño que remontarme seguramente os anos que pasei na Universidade. Vivia en Vigo cuns familiares e falábamos moitisimo de política, das circunstancias duras e complicadas que tiveron que vivir na dictadura e como se estaba construindo España, ademáis da gran cantidade de movementos sociais que se comezaron a desenvolver na vila e na cidade.


Penso que foi nesa época onde comezou a xerminar en min a semente do activismo. A igualdade era unha das miñas maiores preocupacións, foi para min sempre unha máxima que todos somos iguais e todos temos os mesmos dereitos, sabia que tiña que loitar por iso. 


A partir dunha conversa con Jose Manuel Domínguez Freitas e Miguel Español decidín dar o paso na política, decisión da que me acordo perfectamente e que marcou a miña vida e da que estou absolutamente orgullosa. Permitiume involucrarme activamente e malia que deixas unha parte persoal mais descuidada, permitiume pensar no conxunto da xente e enriquecerme moitisimo como persoa.


Comezou hai un mes un novo proxecto na tua vida politica, a Deputación de Pontevedra, ¿que tal a primeira toma de contacto?


Acabamos de comezar, pero as circunstancias deron que esteamos agora no periodo vacacional e por iso ainda estamos na primeira fase, pero en Setembro comezarase a notar o increible cambio que esta pegando a Deputación. 


Eu acudo duas, tres veces por semana a Diputación, teño determinado un ámbito, o área de emprego. Nestes intres estamos perfilando un novo servizo de emprego que ata o dia de hoxe non existia dentro da diputación e imos a comezar cas liñas de traballo deste servizo para poder poñelo en marcha. Ademais comezaremos pronto cun novo proxecto denominado Depoemprego.


¿Que representa para ti o papel dunha muller como presidenta da deputacion?



Como te dicía baso todo na igualdade, iso supón que da igual que goberne un home ou unha muller, o grado de responsabilidade, a implicación e a consecución de obxectivos deben ser os mesmos.


Carmela ten un vínculo moi grande ca Guarda é xa nos coñeciamos personalmente de antes pero considero que agora a coñezo un pouco mais políticamente dende que comezei a traballar da sua man. Podo decirvos que é unha muller moi activa, inmensamente traballadora, as reunións de traballo son profundamente productivas, creo que Carmela será unha gran presidenta e vai a marcar un antes e un despois na Deputación.



Moitas veces denunciamos dende os #SocialistasDaGuarda o distinto trato de favor por cuestións políticas ao que nos sometían dende a Deputación. ¿Que cambiará a partir de agora?



Penso que imos a recibir polo menos o mesmo trato que merecemos en comparación cos demais Concellos da provincia no ámbito de reunións e peticións. Nestes anos iso non foi asi, fomos un dos concellos que recibía única e exclusivamente so aquelo que era obligado recibir, agora imos recibir un trato igualitario, nin máis nin menos.


Son moitos os que opinan que as deputacións deberian desaparecer, agora que traballas dende dentro, ¿qué lles dirias a queles que pensan que deberia prescindirse delas?



Mentres existan debemos facer que funcionen con igualdade de criterios, pensando que son un ente que ten que responder as necesidades dos veciños, ten que prestar sempre dedicación ós concellos, a todos, pois é a unica maneira que temos actualmente de asegurar unha redistribución equitativa e efectiva dos cartos para os Concellos en ámbitos nos que non poidan.



Se tiveras que definir a Antonio Lomba en tres rasgos, ¿cales serian?



(Risas) So tres? Deixame pensar. O primeiro é que ten un gran carácter politico, despois que é unha persoa moi formada e por último e o máis importante, que quere profundamente a esta vila.
Vexo un cambio do Antonio alcalde ó Antonio concelleiro, dende que se presentou como cabeza de lista as eleccions, pouco a pouco irá deixando a súa impronta no día a día da vila, como fixo Freitas nos seus primeiros anos.


¿Qué valoración farias dos seus primeiros meses como alcalde da Guarda?



Levamos moi pouco tempo de lexislatura, dende alcaldia impulsou en tódalas concellerias dende o primeiro momento que tomamos posesión liñas xa marcadas de estratexia politica, asi como novos e interesantes proxectos para levar a cabo. Estivemos traballando sobre todo na axenda cultural e turística do periodo estival. O verán na Guarda é moi importante, fíxose un gran esforzo para que os eventos se desenvolveran da mellor maneira posible, a satisfaccion é grande e o balance moi positivo. Agora centrámonos neste ano que esta a punto de comezar, onde como te dicía ira pouco a pouco demostrando que é o mellor alcalde para A Guarda.


Falabas antes da túa labor ao frente da Concelleria de Facenda. ¿Cales son para ti as prioridades que se deben levar a cabo na Guarda agora?



A situacion economica hai oito anos para o concello era moi complicada, recordo que se debia mais de dous millóns de euros ós bancos e provedores. Viñeron anos moi complicados, os ingresos por licencias e os impostos de construcción baixaron, pero son só un exemplo, houbo que facer con moitos menos recursos mais cousas, atender a todos os servizos que se prestaban e os novos que se incluiron, como os servizos a persoas dependentes ou o sistema wifi, o importantes investimentos en cultura, deporte e turismo, obras, como é o caso da senda litoral ou Castelo de Santa Cruz, etc...

Antonio Lomba, actual alcalde; Jose M. Domínguez Freitas
 ex-alcalde e Montserrat Magallanes

Ademais conseguimos reducir a débeda cos bancos de 2.000.000 euros a 500.000 euros e reducir o tempo de pago a proveedores. Con isto podemos decir que a situación financieira do Concello está saneada.

Un dos aspectos mais destacables e que nos oitos últimos anos non houbo subidas de impostos, deste xeito pretendemos prestar servicios públicos da meneira mais eficiente posible.


Que esperas destes proximos catro anos?


Retos, espero moitos retos. Estar na diputación é un reto persoal, seguir trabalando a favor da igualdade e da mellora da calidade de vida da Guarda e as suas veciñas e veciños.

– Moitas grazas pola túa atención Montse, esperamos poder repetir entrevista nun futuro para achegar máis a túa labor no Concello e na Deputación ás guardesas e guardeses.


Gracias a vós e aproveito para engadir que como sempre, no Concello estamos abertos a escoitar todalas ideas, opinións ou suxerencias que teñan, incluindo agora estas novas funcións na Deputación.









Ningún comentario:

Publicar un comentario