domingo, 12 de abril de 2015

PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DE ANTONIO LOMBA E O SEU EQUIPO

Antonio Lomba Baz
Ante un auditorio abarrotado, o pasado venres o Partido Socialista da Guarda presentou a candidatura liderada por Antonio Lomba Baz que concorrerá ás eleccions municipais de maio de 2015. Presentou o acto o actual alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, quen valorou a cohesión existente na agrupación da Guarda e manifestou o seu agradecemento polo apoio recibido. Interviu a continuación Pilar Cancela, Secretaria de Organización del PSdeG, quen no seu discurso aludiu á vocación municipalista dos socialistas.
Finalmente interviu o canditato a alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz. Aludiu inicialmente ós criterios de cohesión e vontade de traballo entre os criterios determinantes que o guiaron na confección da lista de candidatos. Lembrou algunhas das actuacións máis relevantes nos anos de goberno de Freitas na Guarda para rematar con algunhas pinceladas do que será o prograna electoral para as eleccións do 24 de maio, actualmente en fase de redacción. Finalizou o acto coa presentación dos 20 integrantes da candidatura, continuísta pero incorporando tamén xuventude e folgos renovados para continuar cun proxecto iniciado hai oito anos.

Freitas, Antonio Lomba e Pilar Cancela