martes, 19 de maio de 2015

CULTURA

Dende o departamento de cultura logramos moitos dos obxectivos que pretendíamos: consolidar unha programación estable, a publicación do BIG e as axendas culturais de Nadal e verán, mellorar o equipamento do salón de actos do Centro Cultural, continuar facendo publicacións, seguir organizando grandes exposicións na Casa dos Alonsos, etc. Sabemos que aínda quedan cousas importantes por facer das cales, a máis destacable, é lograr que a Xunta de Galicia ou a Deputación provincial nos financien a construción dun auditorio multiusos. 
Catálogos de exposicións editados polo concello

Programación cultural
Entre os eventos consolidados na programación cultural están as grandes exposicións da Casa dos Alonsos e a Feira do Libro. Na Casa dos Alonsos puidemos disfrutar nesta lexislatura das obras de Xabier Pousa, XoánPiñeiro e Jorge Barbi das que se editaron os seus correspondentes catálogos e que foron unha referencia nos eventos culturais dos veráns. A complexidade na organización e ter que afrontar o seu custo sen axuda non nospermitiu ter unha exposición anual.

COMPROMISO CO MEDIO AMBIENTE

Novas Rutas

Iniciativas como a creación da ruta daDesembocadura (PRG-160) entre a Igrexa parroquial de Salcidos e o Puntal coas identificacións dos valores naturais e etnográficos que ofrecen, complementa actuacións anteriores realizadas neste mesmo espazo. Para poñer envalor o cada vez máis puxante turismo ornitolóxico sinalizouse co financiamentoda Dirección Xeral de Turismo, a ruta Ornotolóxica que apoia a labor realizado por Anabam na divulgación e defensa da zona ZEPA (Zona de EspecialProtección de Aves) do esteiro do Miño. 
Actividade ambiental Mergúllate no Océano
Ruta ornitolóxica no esteiro do Miño

luns, 18 de maio de 2015

AS CONTAS DO CONCELLO


Unhas contas saneadas
Uns cantos datos van permitir aportar unha visión do que era o Concello hai uns anos e como a pesar das dificultades económicas de todos coñecidas, a boa xestión realizada nos distintos departamentos permitiu sanear as contas, reducir o endebedamento cos bancos a niveis nunca coñecidos e realizar o pago a provedores en tan só 15 días.
No período 2011-2014 recadouse por licencia de obras e imposto de construcións a cifra de 393.000€, hai uns anos polos mesmos conceptos recadábase 2.400.000€, é dicir, o Concello da Guarda tivo que xestionarse con 2.000.0000€ menos nas arcas municipais.
O resultado da Liquidación de 2014 pon de manifesto un resultado orzamentario positivo de 372.334,94 € e un remanente de tesourería tamén positivo de 332.559€. Cumprimos co criterio de estabilidade e de equilibrio orzamentario. Neste momento somos o terceiro municipio da provincia de Pontevedra, de máis de 10.000 habitantes, con menor endebedamento cos bancos. Os fondos líquidos a 31/12/2014 son de 998.399,68€.

O CASTELO DE STA CRUZ, 153 ANOS PECHADO ÓS VECIÑOS




O traballo realizado polo equipo de goberno para presentar en forma e prazo o Proxecto de Execución de Posta en Valor do Castelo de Santa Cruz viuse recompensado. As xestións realizadas permitiron que os veciños da Guarda accedesen, despois de 153 anos en mans privadas, ó Xigante Agochado. O 6 de decembro de 2013 foi un día de ledicia para A Guarda.

OITO ANOS DE XESTIÓN MUNICIPAL

Praza do Reló

Por José Manuel Domínguez Freitas 

Cando chega o momento de render contas despois de oito anos de goberno municipal a tentación é nomear as grandes obras que se realizaron e que todos temos na cabeza: a Senda Litoral, o Castelo de Santa Cruz, a Casa dos Alonsos, a estrada do Castro, a Alameda, a humanización de innumerables rúas da vila... Son, sen dúbida, logros moi importantes, pero eu hoxe quero lembrar outros, menos ostentosos e visibles, pero igual de importantes para a cidadanía.

mércores, 13 de maio de 2015

COMEZOU A CAMPAÑA DAS MUNICIPAIS 2015

Estamos en plena campaña ás eleccións municipais 2015. Parece que foi onte pero xa pasaron seis días. Cada quen fixo a súa posta en escena.
Para nós son momentos de achegarnos aos veciños, falar con vos, escoitar as vosas razóns, as vosas demandas e preocupacións, e tamén, pedirvos o voto. De facer mítines por barrios e parroquias, de traballar na rúa.
Na seguinte ligazón pódese visualizar o documento que estamos a distribuír no que falamos das nosas políticas e as nosas cifras durante estes oito anos de goberno e no que resumimos as nosas propostas para a próxima lexislatura.

Tríptico de campaña