Os
Socialistas da Guarda consideran inadmisible que a Xunta de
Galicia siga mantendo incomunicado o Baixo Miño ao non marcar
tan sequera prazos para o remate da Vía de Altas Prestacións
entre A Guarda e Tui, o que demostra a situación de esquecemento
a que San Caetano somete a comarca. Nas propias verbas do
Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José
Manuel Cores Tourís, feitas no Rosal a un medio de comunicación
local (preguntado sobre os prazos para o tramo entre Tui e
Goián), recoñeceu que aínda non teñen prazos tan sequera para
poder aproximar unha data.
Como
ven declarando nos últimos meses, Antonio Lomba, Alcalde de A
Guarda, seguirá insistindo co resto de concellos para que se
comece a traballar: “Isto demostra o escaso interese que o
Partido Popular demostra para esta infraestrutura imprescindible para nosa comarca, que obriga a desprazamentos máis conxestionados
e inseguros. Parece que non teñen en conta que sen a VAP a
comarca segue adoecendo. Votan a favor aquí nos concellos e logo
en Santiago deixan morrer nun caixón o proxecto, como eles
mesmos recoñecen.”
O
grupo do PSdeG no Parlamento de Galicia ven de presentar nos
Orzamentos da Comunidade para este 2017, dúas emendas para
incluír dotacións no proxecto. A primeira de 8 millóns de euros para continuar coas obras xa iniciadas do tramo I e a segunda para o acceso a Areas
de 400.000 €. Ambas botadas atrás polos votos do PP, o que
demostra a dobre vara dos conservadores, opoñéndose e negando a
maior, a gran necesidade que ten a comarca.
Abel Losada deputado do PSdeG |
Abel
Losada, deputado socialista por Pontevedra recoñece que: “non
esconden tan sequera o desinterese. Coa negativa de incluír esa
emenda, perdemos unha oportunidade máis de rematar ese tramo que
conecta mellor a comarca coa cidade referencia que é Vigo. Non só
por unha cuestión monetaria senón por comezar a traballar e ter
o compromiso da administración autonómica. Os Socialistas xa
tiñamos a sensación de que a VAP non era prioridade para a Xunta
nesta lexislatura, pero agora xa o pódemos demostrar con feitos,
por exemplo, 41 votos en contra nesa votación.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario