O Grupo Municipal Socialista da Guarda vén de presentar unha moción no pleno para reclamar actuacións inmediatas na senda litoral, un dos principais recursos naturais, turísticos e patrimoniais da nosa vila, hoxe en situación de total abandono.
A realidade é a que é: a senda litoral está en ruínas mentres o goberno do Partido Popular mira para outro lado. E resulta aínda máis grave cando lembramos que foi o propio alcalde, Carrero, quen criticaba duramente o estado do mobiliario urbano en anteriores mandatos, prometendo máis coidado, máis limpeza e máis atención aos espazos públicos.Senda litoral invadida de maleza
Prometeron máis mantemento, pero deixan que se podreza unha das rutas máis importantes da Guarda:
Táboas afundidas, podres e rotas, que xa teñen provocado caídas a persoas que camiñaban pola zona.
Cravos oxidados sobresaíndo do chan, con risco evidente de lesións.
Maleza cubrindo boa parte do camiño, que debería ser accesible.
Elementos patrimoniais coma as Salinas do Seixal ou a Fonte de Santa Catalina esquecidos, cubertos de herbas, sen limpeza nin posta en valor.
“Non só non cumpren o que prometeron. Estano facendo peor ca nunca. O abandono é tal que esta senda, que conta co distintivo de Sendeiro Azul e transcorre por unha zona que forma parte da Rede Natura 2000, corre serio risco de perder o seu valor e incluso de comprometer a súa continuidade como espazo recoñecido”, afirman dende o PSOE da Guarda.
A moción presentada polo grupo socialista recolle catromedidas básicas que o goberno debería estar aplicando desde o primeiro día:
Reparación urxente de todas as táboas en mal estado e eliminación de cravos que podan sobresair das táboas.
Limpeza inmediata da maleza e da vexetación que invade a senda.
Adecentamento dos elementos patrimoniais que se atopan ao longo da senda como por exemplo as Salinas de Seixal ou a Fonte de Santa Catalina.
Posta en marcha dun plan anual de mantemento, con revisións periódicas, limpeza, sinalización e posta en valor do patrimonio asociado á senda.
“Non é unha cuestión de estética, senón de seguridade e responsabilidade institucional. Estamos falando dun espazo que usan centos de persoas a diario, e que forma parte da imaxe que damos como vila turística. Un goberno que deixa que isto pase, ou non ten interese ou non ten capacidade”, conclúe a portavoz socialista Fátima Rodríguez.Salinas en estado de abandono
![]() |
Taboas podres na senda litoral |
Ningún comentario:
Publicar un comentario