- A portavoz socialista, Fátima Rodríguez, afirma que “é incomprensible que despois dun ano de mandato, e de que o Partido Socialista lle deixara o traballo totalmente encamiñado, o alcalde non teña avanzado un só paso neste proxecto tan vital para o noso concello. Durante anos, na oposición, fixo promesas e críticas, mais agora demostrou que as súas palabras eran só demagoxia”.
A semana pasada os/as socialistas levaron a pleno unha moción para esixir ao actual goberno que volva a retomar o proxecto da saída sur ao porto, tema que Carrero deixou “tirado nun caixón” desde que foi nomeado alcalde.
![]() |
Grupo Municipal Socialista |
Afortunadamente a moción aprobouse, e Carrero queda deste xeito comprometido coa Guarda a poñerse a traballar de forma inmediata pola saída sur ao porto, xa que no seguinte pleno ordinario, que será en novembro, deberá informar aos membros da corporación dos avances acadados.
Os/as socialistas esperan que o alcalde cumpra coa súa palabra e actúe conforme ao compromiso adquirido. Porén, lamentablemente, están afeitos/as a ver como fai promesas que logo non se materializan, e anuncian que seguirán vixiantes para asegurarse de que non volva deixar “aparcado” este proxecto tan importante.