- A tan ansiada saída sur ao porto, un proxecto que os/as socialistas estabamos sacando adiante coa colaboración da Deputación de Pontevedra, e que quedara moi avanzado a finais da lexislatura pasada, leva todo un ano paralizado.
A portavoz do partido socialista, Fátima Rodríguez, presentará unha moción ao pleno para que o actual equipo de goberno teña que comprometerse a seguir impulsando este proxecto.
As xestións para dotar á Guarda desta necesaria infraestrutura foran xa iniciadas a principios de marzo de 2017, ano no que o anterior alcalde da Guarda, Antonio Lomba, solicitou á Deputación de Pontevedra presidida pola socialista Carmela Silva, a redacción do proxecto desta infraestrutura, vinculada á humanización de Concepción Arenal.
![]() |
Infografía do acceso sur do porto da Guarda |
Unha vez feitos estes trámites, que realmente eran os máis complicados, o actual alcalde debería ter “movido ficha” neste asunto durante este ano, pero non foi así. Fai unhas semanas solicitamos acceso ao expediente para saber en que punto se atopaba o tema, e cando nolo deron puidemos comprobar que todo o procedemento quedara paralizado xusto no punto no que nós o deixáramos.
Todo isto ven a demostrar, unha vez máis, que todos eses asuntos que parecían preocuparlle tanto a Carrero cando estaba na oposición e sobre os que facía tanta demagoxia, agora pasaron a un segundo ou terceiro plano.
Preguntámonos se este goberno vai a seguir paralizando todos os proxectos importantes para A Guarda, e se Carrero vai a seguir no seu papel de “alcalde ausente” os próximos tres anos de lexislatura.
Tamén nos gustaría saber se Roberto vai a preocuparse nalgún momento dos asuntos da Guarda, porque aínda que vaia aos eventos e se saque fotos para aparentar actividade, este alcalde non lle dedica suficiente tempo ao Concello, e ás probas nos remitimos: subvencións perdidas, proxectos paralizados, falta de mantenemento, ausencia de novas iniciativas, etc.
Nós, pola nosa parte, e demostrando o noso compromiso coa Guarda levaremos a pleno unha moción para que o equipo de goberno teña que comprometerse a seguir adiante con este proxecto, e sobre todo non se perdan todos os avances feitos desde 2017, avances aos que costou moito esforzo e tempo chegar.