O traballo
realizado polo equipo de goberno para presentar en forma e prazo o Proxecto de
Execución de Posta en Valor do Castelo de Santa Cruz viuse recompensado. As
xestións realizadas permitiron que os veciños da Guarda accedesen, despois de
153 anos en mans privadas, ó Xigante Agochado. O 6 de decembro de 2013
foi un día de ledicia para A Guarda.
luns, 18 de maio de 2015
OITO ANOS DE XESTIÓN MUNICIPAL
Por José Manuel Domínguez Freitas
Cando chega o momento de render contas despois de oito anos de goberno municipal a tentación é nomear as grandes obras que se realizaron e que todos temos na cabeza: a Senda Litoral, o Castelo de Santa Cruz, a Casa dos Alonsos, a estrada do Castro, a Alameda, a humanización de innumerables rúas da vila... Son, sen dúbida, logros moi importantes, pero eu hoxe quero lembrar outros, menos ostentosos e visibles, pero igual de importantes para a cidadanía.
mércores, 13 de maio de 2015
COMEZOU A CAMPAÑA DAS MUNICIPAIS 2015
Estamos en plena campaña ás eleccións municipais 2015. Parece que foi onte pero xa pasaron seis días. Cada quen fixo a súa posta en escena.
Para nós son momentos de achegarnos aos veciños, falar con vos, escoitar as vosas razóns, as vosas demandas e preocupacións, e tamén, pedirvos o voto. De facer mítines por barrios e parroquias, de traballar na rúa.
Na seguinte ligazón pódese visualizar o documento que estamos a distribuír no que falamos das nosas políticas e as nosas cifras durante estes oito anos de goberno e no que resumimos as nosas propostas para a próxima lexislatura.
domingo, 12 de abril de 2015
PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DE ANTONIO LOMBA E O SEU EQUIPO
| Antonio Lomba Baz |
Ante
un auditorio abarrotado, o pasado venres o Partido Socialista da Guarda
presentou a candidatura liderada por Antonio Lomba Baz que concorrerá ás
eleccions municipais de maio de 2015. Presentou o acto o actual alcalde
da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, quen valorou a cohesión
existente na agrupación da Guarda e manifestou o seu agradecemento polo
apoio recibido. Interviu a continuación Pilar Cancela, Secretaria de
Organización del PSdeG, quen no seu discurso aludiu á vocación
municipalista dos socialistas.
Finalmente
interviu o canditato a alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz. Aludiu
inicialmente ós criterios de cohesión e vontade de traballo entre os
criterios determinantes que o guiaron na confección da lista de
candidatos. Lembrou algunhas das actuacións máis relevantes nos anos de
goberno de Freitas na Guarda para rematar con algunhas pinceladas do que
será o prograna electoral para as eleccións do 24 de maio, actualmente
en fase de redacción. Finalizou o acto coa presentación dos 20
integrantes da candidatura, continuísta pero incorporando tamén
xuventude e folgos renovados para continuar cun proxecto iniciado hai
oito anos.
| Freitas, Antonio Lomba e Pilar Cancela |
venres, 20 de marzo de 2015
ANTONIO LOMBA BAZ, candidato á alcaldía da Guarda
NO MEU PENSAMENTO ESTÁN SEMPRE A GUARDA E AS SÚAS XENTES
Antonio Lomba Baz, concelleiro socialista do concello da Guarda dende 2003, foi elixido por militantes e simpatizantes da Agrupación Socialista local, como candidato á alcaldía nas próximas eleccións municipais do mes de maio, dando o relevo ao actual alcalde José Manuel Domínguez Freitas.Este guardés, nacido no barrio da Marina, casado e pai de dous fillos, enxeñeiro de formación, traballa dende o ano 2000 como profesor de tecnoloxía no IES A SANGRIÑA. Nesta labor formativa destaca por ter liderado diferentes proxectos cos que ten acadado varios premios de innovación educativa e por achegar a toda a comunidade docente os seus traballos a través das súas publicacións en internet.
Que te motivou para afrontar o reto de presentarte como candidato a alcalde?
Considero que as persoas que tivemos oportunidades para a nosa realización académica e profesional estamos en deuda coa sociedade. Implicarse en proxectos sociais e políticos que teñen como fin a mellora do noso entorno e das condicións de vida dos nosos veciños é unha maneira de ser agradecidos e de intentar mellorar o futuro dos nosos fillos.
domingo, 22 de febreiro de 2015
O CONCELLO DA GUARDA AFORRA, NO ÚLTIMO ANO, MÁIS DUN 35% NO SERVICIO DE TELECOMUNICACIÓNS
O concelleiro de novas
tecnoloxías, Antonio Lomba Baz, explicou que dentro das reformas postas en
marcha nesta lexislatura, unha das máis importantes
é a reforma da administración para que o seu funcionamento sexa máis
áxil, moderno, transparente
e especialmente máis eficiente,
minorando o custo dos servicios sen que
diminúa a súa calidade.
Neste contexto, o concelleiro
responsable da área sinala que se ten buscado a racionalización dos servicios e
infraestructuras en telecomunicacións,
optimizando o número de liñas, mellorando as tarifas e contratando líneas de
ADSL para internet con tarifa plana ou
acadando bonificacións para servizos de
telefonía para móviles.
martes, 10 de febreiro de 2015
O CONCELLO DA GUARDA COLABORA CON ASOCIACIÓNS SOCIAIS, DEPORTIVAS E CULTURAIS
O concello da Guarda
distribuiu 115.490€ entre as asociacións de carácter social,
deportivo e cultural correpondentes cos orzamentos do 2014. Estas subvencións
permiten ás asociacións desenvolver a súa función con maior facilidade.
Ás entidades de carácter
social lle corresponderon 17.300€, entre as beneficiadas podemos destacar o Centro San Xerome Emiliani, a asociación
Avelaiña, Erguete, Las Samaritanas, Cruz Vermella Española ou a asociación de
Fibromialxia.
No ámbito deportivo, 57.600€ se
entregaron a asociacións como ao clube
de Balonmano, Sporting Guardés de Fútbol, clube de Remo Robaleira, Clube
Alagua, Clube A Guarda Hockey Liña, así como a aquelas que traballan no deporte base tanto no fútbol, natación, judo,
xadrez ou atletismo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.jpg)