O concelleiro de novas
tecnoloxías, Antonio Lomba Baz, explicou que dentro das reformas postas en
marcha nesta lexislatura, unha das máis importantes
é a reforma da administración para que o seu funcionamento sexa máis
áxil, moderno, transparente
e especialmente máis eficiente,
minorando o custo dos servicios sen que
diminúa a súa calidade.
Neste contexto, o concelleiro
responsable da área sinala que se ten buscado a racionalización dos servicios e
infraestructuras en telecomunicacións,
optimizando o número de liñas, mellorando as tarifas e contratando líneas de
ADSL para internet con tarifa plana ou
acadando bonificacións para servizos de
telefonía para móviles.
Así o gasto anual de servizos de
telefonía e telecomunicacións reduciuse
no último ano nun 35%, aforro ao que hai
que sumarlle o que se conseguiu en anos anteriores.
Implantouse un sistema máis eficiente de xestión
para seguir mellorando e
ampliando os servicios de telefonía e
telecomunicacións e segundo Antonio Lomba Baz acadouse o obxectivo de optimizar os recursos e servicios contratados
polo concello.
Hai que indicar tamén que a rede municipal de telecomunicacións sitúa á
nosa localidade na vanguarda na aplicación das novas tecnoloxías na comarca do
Baixo Miño, ofrecendo un importante
servicio público á poboación do municipio como é o acceso a internet inalámbrico mediante tecnoloxía WIFI.
O gasto en telefonía fixa foi no
2014 de 21.250,84€ fronte aos 36.551,66€ do 2011. Conseguiuse un aforro de 15.300,82€, é dicir,
logrouse un aforro do 41,86%.
O gasto en telefonía móvil foi de
8.311,01€ no 2014 e de 12.166,33€ no 2011. E dícir, conseguiuse
un aforro do 31,69%.
Pola súa parte o gasto en
contratación de ancho de banda para a
WIFI permitiu un aforro do 86,16%
ao pasarse dun gasto no 2011 de 24.663,64€
aos 3.412,8€ do 2014.
Estes aforros, indica o
concelleiro Antonio Lomba Baz, conseguíronse grazas á busqueda e a implantación de alternativas tecnolóxicas que optimizan
o gasto que neste tipo de recursos se
realizan dende o Concello da Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario