Amosando publicacións coa etiqueta novas tecnoloxías. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novas tecnoloxías. Amosar todas as publicacións

domingo, 22 de febreiro de 2015

O CONCELLO DA GUARDA AFORRA, NO ÚLTIMO ANO, MÁIS DUN 35% NO SERVICIO DE TELECOMUNICACIÓNS




O concelleiro de novas tecnoloxías, Antonio Lomba Baz, explicou que dentro das reformas postas en marcha  nesta lexislatura, unha das máis importantes é  a reforma da administración  para que o seu funcionamento sexa máis áxil,  moderno,  transparente  e especialmente  máis eficiente, minorando o custo dos servicios  sen que diminúa a súa calidade.

Neste contexto, o concelleiro responsable da área sinala que se ten buscado a racionalización dos servicios e infraestructuras  en telecomunicacións, optimizando o número de liñas, mellorando as tarifas e contratando líneas de ADSL para internet con tarifa plana  ou acadando bonificacións para servizos de  telefonía para  móviles.