martes, 10 de febreiro de 2015

O CONCELLO DA GUARDA COLABORA CON ASOCIACIÓNS SOCIAIS, DEPORTIVAS E CULTURAIS



O concello da Guarda distribuiu  115.490€  entre as asociacións de carácter social, deportivo e cultural correpondentes cos orzamentos do 2014. Estas subvencións permiten ás asociacións desenvolver a súa función con maior facilidade.

Ás entidades de carácter social  lle corresponderon 17.300€,  entre as beneficiadas podemos destacar    o Centro San Xerome Emiliani, a asociación Avelaiña, Erguete, Las Samaritanas, Cruz Vermella Española ou a asociación de Fibromialxia.

No ámbito deportivo, 57.600€ se entregaron a asociacións como  ao clube de Balonmano, Sporting Guardés de Fútbol, clube de Remo Robaleira, Clube Alagua, Clube  A Guarda Hockey Liña,  así como a aquelas que traballan no  deporte base tanto no fútbol, natación, judo, xadrez ou  atletismo.


Para as entidades que traballan no ámbito cultural o concello da Guarda dispuxo de 40.590€.  O concello colaborou  con máis de trinta asociacións, entre elas as diferentes comisións de festas,  a  Agrupación Musical  da Guarda, ou entidades coma  a Agrupación Cultural Guardesa ou a Coral Polifónica.

O alcalde, José Manuel Domínguez Freitas,  quere destacar  a importante labor que están a desenvolver estes colectivos na  Guarda. Resaltou o esforzo realizado polas persoas  que compoñen  estas asociacións   que co seu traballo e ilusión permiten realizar unha serie de actividades no  eido cultural, deportivo e social que  engrandecen a vila da Guarda.

Pola súa parte o concelleiro de cultura, Antonio Lomba Baz, resaltou o compromiso do concello coas asociacións culturais que posibilitan que A Guarda sexa un referente  cultural para toda a comarca e manifestou  o seu desexo  de seguir colaborando e traballando coas diferentes entidades culturais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario