| Antonio Lomba Baz |
Ante
un auditorio abarrotado, o pasado venres o Partido Socialista da Guarda
presentou a candidatura liderada por Antonio Lomba Baz que concorrerá ás
eleccions municipais de maio de 2015. Presentou o acto o actual alcalde
da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, quen valorou a cohesión
existente na agrupación da Guarda e manifestou o seu agradecemento polo
apoio recibido. Interviu a continuación Pilar Cancela, Secretaria de
Organización del PSdeG, quen no seu discurso aludiu á vocación
municipalista dos socialistas.
Finalmente
interviu o canditato a alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz. Aludiu
inicialmente ós criterios de cohesión e vontade de traballo entre os
criterios determinantes que o guiaron na confección da lista de
candidatos. Lembrou algunhas das actuacións máis relevantes nos anos de
goberno de Freitas na Guarda para rematar con algunhas pinceladas do que
será o prograna electoral para as eleccións do 24 de maio, actualmente
en fase de redacción. Finalizou o acto coa presentación dos 20
integrantes da candidatura, continuísta pero incorporando tamén
xuventude e folgos renovados para continuar cun proxecto iniciado hai
oito anos.
| Freitas, Antonio Lomba e Pilar Cancela |
| Freitas durante a súa intervención |
| Pilar Cancela. "O PSOE e un partido municipalista" |
| Non se cabía no salón de actos do Centro Cultural |
| Pilar Cancela da paso a Antonio Lomba |
| Antonio Lomba durante a súa intervención |
| Comeza a presentación da Lista |
| Todo transcurriu nun ambiente festivo |
| A candidatura ao completo |
![]() |
| A perspectiva dende a entrada do salón de actos. |

Ningún comentario:
Publicar un comentario