- O Grupo Municipal Socialista do concello da Guarda presentou esta moción por urxencia para amosar o apoio ao sector pesqueiro
Nesta moción se solicitaba que se iniciase unha recollida de sinaturas en rexeitamento do veto á pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico Nororiental.
Ademais nestes momentos nos que Europa atravesa unha situación difícil por mor da guerra de Ucraína, as administracións temos que alertar do compromiso de dispoñibilidade dos produtos do mar.
O Grupo Municipal Socialista propuxo na súa Moción que o concello da Guarda iniciase unha recollida de sinaturas en apoio ao sector pesqueiro e de rexeitamento da medida adoptada pola Comisión Europea que veta a pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico Nororiental, esta recollida de sinaturas realizarase en diferentes inmobles municipais, como a Casa dos Alonso ou a Praza de Abastos, tamén estará dispoñible na Confraría de Pescadores e na nave da asociación Redeiras Atalaia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario