Non
estou de acordo coa expresión “A Guarda está paralizada”.
A da Guarda é unha sociedade dinámica a todos os niveis, social,
cultural, deportivo e por suposto económico, como corresponde a unha
histórica cabeceira de comarca.
Se
falamos de política, deixo unhas pinceladas do traballo que estamos
facendo no concello da Guarda co impulso dun equipo de goberno do que
me sinto moi orgulloso pola súa valía e capacidade que da a
estabilidade e tranquilidade que un concello necesita.
Neste
momento estamos xestionando 1.359.954,46 € gracias ao plan
concellos da Deputación de Pontevedra, entre outros proxectos para:
Urbanización
da 1ª fase da rúa Coruña, apertura da rúa Baixo Muro-Ireira,
creación do Camiño Escolar do colexio Sinde, iluminación
ornamental dos edificios municipais da praza do reló, reforma
estética interior da Praza de Abastos, rehabilitación dos patios do
Vello Sinde, pavimentación de camiños no rural,
etc.
Acabamos
de empezar as obras e reforma e ampliación do pavillón da Sangriña
cun investimento de 1.870.667,53 €, tamén se está executando a 3ª
fase da urbanización da rúa da Cal co empedrado do entorno da
fonte, a humanización do entorno da Igrexa, a 3ª planta da Casa dos
Alonsos (novo concello) e en breve empezará a humanización da rúa
Manuel Rodríguez Sinde.
Fai
uns días cumpría un compromiso recentemente adquirido e dáballe a
aprobación inicial ao “Plan Especial de Infraestruturas e
Dotacións A Sangriña” que permitirá, unha vez se aprobe
definitivamente, ter terreos para dotacións deportivas, como por
exemplo un novo pavillón.
Tamén
levamos ao próximo pleno a aprobación inicial da Modificación
Puntual número 7 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que
permitirá cualificar como dotacional a “finca de Fínola”. Unha
vez aprobada esta modificación poderase facer na finca unha
infraestrutura municipal, cousa que de momento non se pode. O noso
proxecto é construír alí un auditorio, un aparcadoiro subterráneo
e unir a alameda coa finca para ter unha gran zona de espallamento
Estamos
redactando ou acaban de entregarnos varios proxectos moi interesantes
para A Guarda:
Proxecto
de mellora dos accesos e posta en valor do Castelo de Santa Cruz,
actuación para a que xa contamos cunha subvención de 240.000€
Proxecto
de de mellora da seguridade e accesibilidade no entorno do CEIP As
Solanas.
Proxecto
de Humanización da rúa Joaquín Alonso (Praza Nova)
Proxecto
da senda de unión entre A Guarda e o Rosal
Para
os fondos de recuperación Europeos Next
Generation
acabamos
de presentar o proxecto de reforma e ampliación do pavillón da
Sangriña, para recuperar parte do investido polo concello. Acabamos
de presentar tamén o Plan de Turismo Sostible en Destino para A
Guarda e estamos tramitando a presentación do proxecto de mellora
enerxética e reforma da Piscina Municipal.
A
través de Costas do Estado tamén estamos xestionando unha
subvención para os fondos Next Generation para a rexeneración
medioambiental do estacionamento da Armona.
Este
mesmo ano executaremos as obras para unha nova biblioteca na sala de
exposicións do Centro Cultural cun orzamento de 85.641,35 €
financiada con fondos propios.
Estamos
traballando no plan REHABITA, un plan de rehabilitación de vivendas
que ten como obxectivo a colaboración público privada para
aproveitar as liñas subvencións que permitan modernizar o parque de
vivendas da localidade, que dinamicen a oferta de alugueiro en
beneficio dos propietarios e dos demandantes e que actúen como motor
económico no sector da construción e rehabilitación de vivendas.
Estamos
traballando no fomento do uso das enerxías renovables, tanto para o
ámbito privado como municipal. O noso obxectivo é constituír
comunidades enerxéticas ou instalacións de autoconsumo para ceder a
enerxía sobrante a particulares e abaratar a factura da luz.
Temos
un obradoiro de emprego con un módulo de Axuda no Fogar e outro de
Turismo que se atopan na actualidade na fase de prácticas.
En
relación ao edificio do obradoiro de emprego, cando remate a
formación que se está a impartir, acometeremos unha reforma para
instalar un ascensor e darlle accesibilidade e cambiaremos a
carpintería para mellorar a eficiencia enerxética do edificio.
Estamos
actualizando o PACES (Plan de Acción Polo Clima e a Enerxía
Sostibles). Toca facelo despois de dous anos da súa posta en marcha
no 2020.
Estamos
redactando o Plan de Implementación dos Obxectivos de
Desenvolvemento Sostible (ODS) da Guarda.
Estamos
en plena negociación do convenio colectivo e táboa salarial cos
traballadores municipais e sindicatos.
Levamos
meses traballando na promoción do Camiño Portugués da Costa para
que se produza a recuperación que estamos vendo, con centos de
peregrinos cada día polas rúas a pesar de que Portos de Galicia
deixou abandonado o peirao do ferri impedindo o funcionamento do
barco. E tendo en conta que a propia Xunta apoia un itinerarios non
oficiais co mesmo nome co noso.
Xunto
coa cámara de Caminha e a Deputación de Pontevedra estamos facendo
un estudo de mobilidade entre A Guarda e Caminha para determinar como
pode ser a comunicación do futuro entre as dúas vilas.
Estamos
traballando xunto coas nosas atadeiras da Asociación de Redeiras do
Baixo Miño Atalaia para propoñelas á candidatura da Medalla Emilia
Pardo Bazán, pola súa labor en prol do recoñecemento dos dereitos
ao seu sector e ás mulleres do mar en xeral.
Para
este ano xa temos dúas bandeiras azuis para as praias do Muíño e
da Area Grande e un recoñecemento do sendeiro azul para a senda que
une as dúas praias.
Ademais
de todo o mencionado estamos organizando actividades turísticas,
culturais, deportivas, medioambientais, concertos, festas, etc. Non
hai máis que coller a axenda de actividades de calquera semana para
comprobalo. Xa temos completa a programación de actividades para os
meses de xullo e agosto. A Guarda non está paralizada porque a
actividade de xestión política do equipo de goberno e dos
traballadores municipais é intensa e sobre todo porque a actividade
das persoas, asociacións, organización e clubs desta vila é aínda
máis intensa.
O
que está paralizado na Guarda a pesar de que unha e outra vez
berramos ben alto que temos os mesmos dereitos que o resto dos
galegos, os doutras vilas e os das cidades. Son cousas como estas:
- A
Xunta ten paralizada a Autovía a Tui unha infraestrutura fundamental
para o noso futuro.
- A
Xunta ten paralizado a reparación do peirao do ferri. Agora non
podemos ter ferri
- A
Xunta non manda os médicos que necesitamos para o Centro de Saúde
nin para Urxencias. Calquera día temos unha desgracia.
- A
Xunta ten paralizada a senda de circunvalación ao Monte Trega. Para
cando pensan facela?
En
resumo, A Guarda non está paralizada a pesar de que o PP e a Xunta
de Galicia esfórzanse por conseguilo