A Secretaria Xeral da Agrupación Socialista na Guarda, Montserrat Magallanes, traslada á cidadanía a felicitación porque a finca de Fínola pase a ser chan dotacional.
No último pleno o concello da Guarda sacaba adiante unha proposta do alcalde, Antonio Lomba, de modificar inicialmente o planeamento urbanístico para calificar o chan da finca de Fínola que era chan urbano non consolidado a chan urbano consolidado de uso dotacional, esta proposta saíu aprobada cos votos favorables do PSOE e do PP, o BNG e Converxencia Galega votaron en contra.
Temos que indicar que o BNG amosa unha absoluta incompetencia en materia urbanística, o demostraron no pasado co seu posicionamento en contra do convenio dos Xesuítas, co seu enfrontamento a Senda Litoral, co voto en contra da adquisición de Fínola, ou co seu rexeitamento á proposta de ACCESO SUR ao Porto da Guarda, e o están a demostrar agora co seu voto en contra da Modificación Puntual que transforma o chan de Fínola en dotacional.
Mentiron descaradamente cando dicían no 2018 “coa adquisición da finca de Fínola soamente cambia o propietario da finca, o uso vai ser o mesmo. Que vantaxe saca o pobo da Guarda? Onde había un parking, seguirá habendo un parking” Vaia se cambiou o uso, tanto que vostedes votaron en contra no último Pleno do concello da Guarda, amosando un claro cinismo político ao non ser quen de recoñecer o seu erro no pasado. Prefiren que Fínola siga sendo un parking e desesperan ante a posibilidade de ampliar a Alameda e crear en Fínola un Auditorio, van seguir montados no mesmo carro, mentira tras mentira.
E no 2022 seguen mentindo, son capaces de dicir que estamos “dilapidando o patrimonio municipal”, aínda non se enteiraron, a finca de Fínola xa é municipal, xa é propiedade de todos e de todas as guardesas, e onde antes había 0 metros cadrados de chan dotacional agora pasamos a 3.102 metros cadrados dotacionais, toda a finca dotacional. Dilapidar é perder oportunidades ou non crer no futuro da Guarda, seguir anclados no pasado e oporse ante calquera iniciativa para que o pobo avance.
Fronte aos seus atrancos e mentiras, mais parecen que están traballando para o PP que para os seus votante, o Partido Socialista ten moi claro que o desenvolvemento e crecemento da vila da Guarda pasa por un amplo espazo no casco urbano, unificando a Alameda co Centro Cultural, Fínola e integrar tamén a rúa Rosalía de Castro, para rexenerar e por en valor todo o patrimonio municipal nesa zona e para construír un equipamento tan necesario como o auditorio.
O Partido socialista da Guarda aplaude o paso dado polo equipo de goberno municipal, liderado por Antonio Lomba, en relación coa Modificación Puntual 7 que converterá a finca de Fínola en dotacional. Os guardeses e guardesas son os grandes beneficiarios da compra de Fínola e da modificación puntual. Queremos chan para equipamentos, e o queremos XA!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario