martes, 19 de maio de 2015

COMPROMISO CO MEDIO AMBIENTE

Novas Rutas

Iniciativas como a creación da ruta daDesembocadura (PRG-160) entre a Igrexa parroquial de Salcidos e o Puntal coas identificacións dos valores naturais e etnográficos que ofrecen, complementa actuacións anteriores realizadas neste mesmo espazo. Para poñer envalor o cada vez máis puxante turismo ornitolóxico sinalizouse co financiamentoda Dirección Xeral de Turismo, a ruta Ornotolóxica que apoia a labor realizado por Anabam na divulgación e defensa da zona ZEPA (Zona de EspecialProtección de Aves) do esteiro do Miño. 
Actividade ambiental Mergúllate no Océano
Ruta ornitolóxica no esteiro do Miño
Outra das accións realizadas cunha finalidade pedagóxica levou por título Mergúllate no Océano foi promovido polo Campus do Mar da Universidade de Vigo que achegou interesantes obradoiros de ciencia ós turistas que disfrutaban da praia doMuíño.
Xestión sostible
A Guarda está por riba da media galega en reciclaxe de vidro, plásticos, papel-cartón, madeiras e aparatos eléctricos e electrónicos. A recollida de aceite doméstico en nove contedores distribuídos pola localidade incrementouse nun 40% respecto do 2013.
Sen custe económico para os veciños, operarios do Concello realizaron no 2014 máis de 200 saídas para a recollidade voluminosos que se depositaron no Punto Limpo. Este esforzo, as campañas de divulgación e a concienciación cidadá converten ó noso Punto Limpo nun dos poucos de Galicia que conta cun sistema de xestión sostible

O Punto limpo da Guarda, referente nas políticasde reciclaxe

Co descenso de 1.278.030 Kg de residuos sólidos urbanos (28.93% desde o 2006) o Concello da Guarda aforrou entre o 2011 e o 2014 máis de 290.000 €.

Aforro e autosuficiencia no consumo de auga

Non hai moitos anos os cortes de auga no verán eran habituais. Tui advertía ó alcalde do PP guardés do corte de auga por falta de pago. Logo de oito anos de goberno socialista contamos con depósitos e captacións que garanten o abastecemento durante todo o ano. Desde 2011 non temos necesidade de recorrer a unha sola gota de auga de Tui co aforro en custes que esta autosuficiencia implica: máis de 500.000 € durante estalexislatura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario