Unhas contas saneadas
Uns cantos
datos van permitir aportar unha visión do que era o Concello hai uns anos e
como a pesar das dificultades económicas de todos coñecidas, a boa xestión realizada
nos distintos departamentos permitiu sanear as contas, reducir o endebedamento
cos bancos a niveis nunca coñecidos e realizar o pago a provedores en tan só
15 días.
No período
2011-2014 recadouse por licencia de obras e imposto de construcións a cifra de
393.000€, hai uns anos polos mesmos conceptos recadábase 2.400.000€, é dicir, o
Concello da Guarda tivo que xestionarse con 2.000.0000€ menos nas arcas
municipais.
O resultado
da Liquidación de 2014 pon de manifesto un resultado orzamentario positivo
de 372.334,94 € e un remanente de tesourería tamén positivo de 332.559€.
Cumprimos co criterio de estabilidade e de equilibrio orzamentario. Neste
momento somos o terceiro municipio da provincia de Pontevedra, de máis
de 10.000 habitantes, con menor endebedamento cos bancos. Os fondos
líquidos a 31/12/2014 son de 998.399,68€.
No só se
realizou un grande esforzo en reducir a débeda cos bancos senón tamén, e
quizais é o máis importante, en pagar ós provedores. Nestes momentos estamos a
pagar a 15 días dende a recepción da factura e temos todo pagado dos
anos anteriores.
REDUCCIÓN
DÉBEDA CON BANCOS
En
2006: 2.150.606,64 € - En 2015: 514.579,95 €
|
REDUCCIÓN
DÉBEDA CON PROVEDORES
En
2006: 1.748,615 € - En 2014: 240.165,48 €
|
Políticas de xeneralización dos impostos
En lugar de subir os diferentes impostos municipais
traballamos na súa xeneralización evitando que uns veciños paguen por outros
que reciben os mesmos servizos.
| RECIBOS DE TAXAS DE LIXO |
| UNIDADES CATASTRAIS |
| RECIBOS DE ALCANTARILLADO |
| RECIBOS DA AUGA |
O Concello
fixo esforzos por incrementar as porcentaxes de pagamento en prazo, e tamén
para que aqueles que non pagan nun primeiro momento pagasen o correspondente recargo.
Por iso se adoptaron medidas para reducir os impagos. Nese apartado o
incremento respecto do ano 2006 é do 69%: pasamos de ingresar nas arcas
municipais 148.112,73€ no 2006 a 250.972,43€ no 2014, quedando cada vez menos
veciños que non pagan polos servizos que reciben.
Porcentaxe
de contribuíntes que pagaron en prazo:
ALCANTARILLADO
|
LIXO
|
AUGA
|
IBI
|
|
2007
|
86,00%
|
84,00%
|
89,68%
|
87,63%
|
2014
|
92,57%
|
89,40%
|
91,95%
|
90,63%
|
2014*
|
94,95%
|
92,90%
|
92,46%
|
92,13%
|
* Recadación
total dos padróns do 2014 ata o 20/04/2015
Políticas de aforro
A realización de novos contratos
permitiu un aforro para as arcas municipais do 25% do custo total deses
servizos, tales como o contrato de extintores nos edificios municipais, o
mantemento de ascensores, o servizo de seguridade no traballo, no contrato de
xardíns. Outros contratos posibilitaron aínda maiores aforros: telefonía fixa e
móbil, consumo eléctrico, ancho de banda e xestión dos residuos.
|
CONSUMO
ELÉCTRICO (en edificios e vías públicas)
En 2011:
544.530,98 € - En 2014: 478.957,09 €
|
|
AFORRO NO ANCHO DE BANDA
En 2011: 24.663,64 € - En 2014: 3.412,8 €
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario