martes, 19 de maio de 2015

CULTURA

Dende o departamento de cultura logramos moitos dos obxectivos que pretendíamos: consolidar unha programación estable, a publicación do BIG e as axendas culturais de Nadal e verán, mellorar o equipamento do salón de actos do Centro Cultural, continuar facendo publicacións, seguir organizando grandes exposicións na Casa dos Alonsos, etc. Sabemos que aínda quedan cousas importantes por facer das cales, a máis destacable, é lograr que a Xunta de Galicia ou a Deputación provincial nos financien a construción dun auditorio multiusos. 
Catálogos de exposicións editados polo concello

Programación cultural
Entre os eventos consolidados na programación cultural están as grandes exposicións da Casa dos Alonsos e a Feira do Libro. Na Casa dos Alonsos puidemos disfrutar nesta lexislatura das obras de Xabier Pousa, XoánPiñeiro e Jorge Barbi das que se editaron os seus correspondentes catálogos e que foron unha referencia nos eventos culturais dos veráns. A complexidade na organización e ter que afrontar o seu custo sen axuda non nospermitiu ter unha exposición anual.
A Feira do Libro, que, dende o ano 2013, se organiza na praza do Reló con gran éxito de público, é outro dos eventos de referencia na programación cultural na Guarda. O cambio de lugar de celebración permite que a vez que de desenvolve a feira se realicen os obradoiros e espectáculos que organizamos.
Feira do libro na praza do Reló
Festival de baile moderno no auditorio de San Bento
Ademais dos eventos mencionados, tivemos unha programación cultural ampla e variada gracias, en gran medida, a tódalas persoas easociacións que colaboran coa concellería de cultura. Música, baile, teatro, circo, maxia e outros espectáculos no Auditorio do San Bento. Durante esta lexislatura superáronse as 20 funcións teatrais. Tamén tivemos cine, conferencias, musica, exposicións, presentacións de libros, e máis teatro, entre outros eventos, no Centro Cultural. Proxectáronse tamén máis de 35películas de cine, tanto infantil como para adultos.
Dotacións culturais
Salón de actos do Centro Cultural

Todos coñecemos as dotacións culturais das que dispón o Concello da Guarda. Ademais dos espazos e prazas públicas temos o Centro Cultural e o Centro Sociocultural do Sinde Vello. Levamos un tempo traballando para mellorar estas dúas infraestruturas. No Centro Cultural temos case completa a reforma do Salón de Actos. Solo falta a fase correspondente a este ano na que remataremos de tapizar as butacas e instalaremos unha porta antipánico. A reforma completa do Salón de Actos comprendeu a creación dunha cabina de control, a instalación dun sistema de son, a instalación dun proxector coa súa correspondente pantalla, a instalación dun sistema de iluminación, un telón e a caixa negra, ademais do mencionado tapizado das butacas.
Segundo bloque do Sinde Vello

O Sinde Vello, que rehabilitamos na pasada lexislatura, está funcionandoa pleno rendemento, alí están situados os locais dalgunhas asociacións, o local de ensaio e o albergue. Ademais o concello dispón nestes momentos de catro aulas nas que realiza actividades como formación de adultos, pintura e cursos varios. Tamén cedemos esas aulas puntualmente ás asociacións que o precisen. Para rematar a recuperación completa deste espazo falta a rehabilitación do peche exterior, que será a próxima actuación que acometeremos.
A Casa dos Alonsos, a onde se trasladarán as dependencias municipais nun futuro próximo, estase a utilizar como espazocultural para diversos eventos como exposicións, concertos e ata a feira do libro. Este é un espazo cada vez máis demandado por artistas e asociacións dado a súa situación estratéxica, pola súa amplitude e dotación. A nosa intención para o futuro é reservar parte do espazo desta planta baixa para uso cultural.
Concerto da Agrupación Musical da Guarda na Casa dos Alonsos
Mención aparte merece o Museo do Mar. Durante esta lexislatura empezou a funcionar cun técnico encargado exclusivamente do museo. Desta maneira as visitas guiadas teñen un carácter moito máis didáctico e os visitantes sácanlle máis proveito. Tamén abrimos a posibilidade visitar aterraza o que está sendo todo un éxito. Instalamos sinais en distintos puntosda Vila para facilitar a chegada a Atalaia a turistas e visitantes, e temos encargado un novo acuario que estará instalado para este verán. No museo véñense arealizando distintos obradoiros ou presentacións relacionadas co mundo do mar. Para o día 16 de maio, con motivo da celebración do día dos museos, realizaranse un obradoiro de elaboración artesanal de cordas de cánabo.
Contido expositivo do Museo do Mar

Obradoiro de redes no Museo do Mar

Museo do Mar

Ningún comentario:

Publicar un comentario