- Fátima Rodríguez, portavoz do Grupo Socialista da Guarda, quere convidar a todo o comercio, hostalería e demais negocios da vila a unha reunión que se celebrará o próximo mércores 15 de xaneiro de 2025, no Centro Cultural da Guarda.
A convocatoria xorde tras a moción presentada polos/as socialistas en novembro de 2024, na que se solicitaba a comparecencia en pleno do Concelleiro de Empresa e Comercio, que pasou todo o ano 2024 fóra de España por motivos laborais. Esta ausencia, que impediu ao concelleiro asistir a un total de 15 plenos, tamén derivou nun manifesto abandono das áreas das que é responsable.
Fátima Rodríguez, portavoz socialista |
Fátima Rodríguez destaca que “O Grupo Socialista considera fundamental que se escoite a voz das empresas e autónomos/as da Guarda, xa que representan unha peza clave no desenvolvemento da nosa vila. Ante a falta de atención do goberno local ás súas necesidades, comprometémonos a ser un enlace activo para trasladar as súas inquedanzas, propostas e preocupacións ao pleno municipal, esixindo medidas concretas que impulsen o futuro económico e social da Guarda.”
A reunión terá lugar o mércores 15 de xaneiro de 2025 no Centro Cultural da Guarda, con dous horarios para facilitar a asistencia de diversos tipos de negocio:
• 1ª convocatoria: 17:30 h
• 2ª convocatoria: 20:40 h
Agradécese que as persoas interesadas en asistir confirmen a súa presenza a través do WhatsApp (684 783 645) ou por correo electrónico (socialistasdaguarda@gmail.com), indicando nome, empresa e a hora á que asistirán.
As persoas que non podan asistir terán a oportunidade de compartir as súas inquedanzas e propostas a través dunha enquisa online que estará dispoñible ata o día 27 de xaneiro na seguinte ligazón: https://forms.gle/BeZrn1zfWY1AqgP99
Ningún comentario:
Publicar un comentario