- Roberto Carrero está molesto porque a oposición airea os seus pouco acertados movementos na xestión dos fondos.
A cantidade de cartos que tiña na súa man para desbloquear a obra da senda arredor do Tegra, foi dirixida a outras actuacións que non son, desde logo, urxentes.
Roberto Carrero amósase moi molesto cos partidos da oposición simplemente por contar a verdade do que fixo o seu goberno, e que non foi, nin máis nin menos, que renunciar ao diñeiro que tiñan xa na man para desbloquear a obra da senda arredor do Trega.
Fala de que somos responsables de que esta obra non estea feita tras dúas lexislaturas…iso si que é unha tomadura de pelo pola súa parte.
Circunvalación ao Trega, estado actual |
Se para Carrero facer iso, ou buscar financiación por outras vías para iniciar a obra, é unha “actitude belicosa”, é que non entendeu nada.
Destinar eses cartos do Plan de Turismo a iniciar o proxecto da senda era, sobre todo, unha declaración de intencións pola nosa parte. Demostramos que a pesar de que a Xunta desoíse durante anos as necesidades da cidadanía guardesa, o equipo de goberno socialista quería buscar a toda costa sacar o proxecto da senda adiante, fora como fose.
A verdade é que, analizando polo miúdo o traballo de Carrero durante o tempo que leva no goberno, vemos bastante difícil que poda conseguir nesta lexislatura que a Xunta financie este proxecto. E se o consegue, máis ben será mérito da ben instaurada “política de amiguismos” do PP ou da matraca que levamos dando nós co tema desde fai anos, e xa non tanto da súa xestión.
Pero ollo, que non se engane o actual alcalde, non crea que todos/as somos da súa mesma condición. A nós xamais nos vai a “doer” que se faga esta obra, aínda que sexa o mesmo Satanás quen se encargue de facela, porque confrontacións políticas aparte, o que nós queremos é o ben da Guarda e o estamos demostrando a través do noso apoio ao seu equipo de goberno en todo o que consideramos bo para este pobo.
Cousa que, por certo, vostedes non fixeron estando en oposición: Votando en contra da reforma do pavillón, da humanización de Concepción Arenal, dunha subvención da Deputación para dinamización do comercio, etc. Eran vostedes unha mala oposición e agora son un mal goberno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario