- O Partido Socialista da Guarda, que leva moitos anos traballando no ancheamento de rúas e camiños, especialmente nas parroquias de Salcidos e Camposancos, desexa seguir contribuíndo a esta causa desde a oposición.
- Grazas á colaboración dunha familia campusina que cederá unha parte do seu terreo, o Concello da Guarda terá a posibilidade de anchear o 1º Transversal Salgueiró, unha rúa que nalgún tramo non chega aos 1,80 m de ancho.
O Partido Socialista da Guarda defendeu onte no pleno ordinario de maio unha moción que saliu aprobada e a través da cal o actual equipo de goberno se compromete a iniciar as negociacións cos/as propietarios/as e, unha vez feita a cesión, levar a cabo as obras para o ancheamento desta vía.
1º Trav. Salgueiró de Camposancos |
A portavoz municipal, Fátima Rodríguez, e a vocal socialista na Entidade Local Menor, Luz Alonso, agradecen enormemente a Sonia e Frank a súa colaboración para facer posible o ancheamento deste camiño en Camposancos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario