Este venres, o salón de actos do Centro Cultural da Guarda acolleu un gran acto de recoñecemento aos 40 anos de presenza socialista no concello da Guarda e na entidade local menor de Camposancos. Foron moitas as persoas que durante estes 40 anos formaron parte desas candidaturas e o Partido Socialista da Guarda quixo facer un acto de recoñecemento a esas persoas pola labor desenvolvida, as horas de adicación e esa ilusión coa que estiveron sempre liderando as principais demandas da cidadanía guardesa, como foi coa demanda de creación dun instituto para a localidade ou como é hoxe en día liderando as demandas por unha sanidade pública de calidade.
No acto de recoñecemento se fixo entrega dos agasallo en catro tandas e contou coas intervencións da Secretaria Xeral da Agrupación Socialista da Guarda, Montserrat Magallanes quen quixo salientar que o partido está forte e cheo de ilusión porque o están as persoas que o conforman, as que levan anos no partido, as novas incorporacións e tantas e tantas persoas que co seu alento e impulso están conformando un gran proxecto de futuro para A Guarda.
Tamén interviron o ex-Presidente da ELM de Camposancos, Rafa Alvarez o ex-Alcalde da Guarda José Manuel Domínguez Freitas e o actual alcalde e candidato ás próximas eleccións municipais de maio, Antonio Lomba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario