sábado, 19 de outubro de 2019

Comunicado do alcalde da Guarda e o GMS con motivo da ruptura do acordo de goberno. (15/10/2019)



Despois das eleccións municipais de maio de 2019 o PSOE e BNG asinamos un acordo para gobernar xuntos a lexislatura 2019-2023. Este acordo (14/06/2019) permitiría ter un goberno de progreso na Guarda formado por 10 concelleiros

Dende o principio o regulación do tráfico por Concepción Arenal representou un punto crítico no acordo de goberno. Para solventar as diferencias respecto desta cuestión os dous grupos acordaron respectar as indicacións do Plan de Mobilidade do concello da Guarda e así o fixemos constar no texto acordo.

Nas primeiras reunións da comisión de seguimento do pacto de goberno formada por 6 concelleiros, 3 de cada grupo, celebradas os días 12, 23 e 24 de xullo, matizouse e concretouse, entre outras cousas, a regulación do tráfico e a sinalización da rúa Concepción Arenal:

Será unha rúa de preferencia peonil nos lugares onde os peóns convivan cos vehículos

Habilítase un sentido único de circulación entre a rúa Galicia e a rúa Tomiño.

Posibilítase o acceso a Concepción Arenal e Domínguez Fontela dende a rúa Ourense e Manuel Álvarez.

Facilítase o transito dos vehículos pesados. Así, os camións e autobuses poderán acceder ao porto a través da Praza de Avelino Vicente e poderán subir por Concepción Arenal dende o Porto ata a rúa Galicia directamente.

Deixase, como estaba previsto, o dobre sentido de circulación entre o porto e a rúa Enrique María Sexto.

A partir deste momento entendíamos que estaban completamente solventadas as diferencias de criterio respecto ao funcionamento da rúa Concepción Arenal. Sen embargo, aos poucos días da última reunión de xullo, instalaron unha sinalización provisional que non se correspondía coa que habíamos acordado. Mais que regular o tráfico o que facía era prohibir a circulación nun importante tramo da rúa transformándoa en peonil.


Visto este cambio de criterio falamos co BNG en distintas ocasións para pedirlle explicacións. Dado que non conseguimos que o BNG reconsiderara a súa nova postura e retomara o acordo de goberno, dirixinme a Deputación de Pontevedra para solicitar a paralización da colocación da sinalización definitiva co obxecto de evitar máis confusión e gastos innecesarios.


Dende a paralización da colocación da sinalización, no mes de agosto, ata a última semana de setembro, cando se celebrou o pleno no que se debateu a problemática da rúa, seguimos intentando ter achegamentos para salvar o acordo de Goberno. Unha das xuntanzas importantes neste tempo foi a que tivemos o día 2 de setembro na Deputación, onde, ademais de representantes dos dous grupos municipais, estaba o deputado de Infraestruturas e o equipo técnico que fixo o seguimento da obra e o modificado do proxecto. Nesta xuntanza os técnicos pedíronlle ao portavoz do BNG que reconsiderara o seu posicionamento, avalando así a proposta recollida no acordo de goberno, que cumpría cos criterios do plan de Mobilidade.


Durante o mes de setembro seguimos tendo contactos pero, visto que o BNG insistía en facer pública a súa postura e a discrepancia dentro do equipo de goberno, o 24 de setembro, solicitamos formalmente a Deputación a sinalización definitiva que habíamos acordado. Así o publicamos nunha nota de prensa, para informar aos veciños de que non compartíamos o cambio de posicionamento do BNG e adiantando a que ia a ser a nosa postura no pleno


No pleno extraordinario do 30 de setembro, con un punto único sobre Concepción Arenal, fíxose pública a discrepancia dos dous grupos e a intención do BNG de non dar cumprimento ao acordo de goberno. Tamén nese pleno expresei a miña firme resolución e a do Grupo Municipal Socialista de cumprir co pactado e expliquei alí mesmo como iba a ser o funcionamento de Concepción Arenal.


No mesmo pleno o portavoz do BNG fixo referencias a peonalización doutras rúas mostrando a súa intención de non respectar o plan de Mobilidade ao que se fai referencia no acordo de goberno.


Nestes últimos días, aínda cando mantiñamos canles de comunicación, sucedéronse distintas declaracións do BNG descalificando ao alcalde da Guarda, acusándome de irresponsable, provocador e mesmo criticando a falta de información.


A este respecto quero dicir que en todo momento intentei manter o acordo de goberno Que solo fixen uso das miñas atribucións como alcalde cando o BNG incumpriu o acordado. Que actuei sempre en defensa dos dereitos dos veciños e dos compromisos que adquirín con eles ao asinar o acordo de goberno.


Non é de recibo a falta de lealdade e respecto do BNG con este alcalde e a institución municipal que represento. As discrepancias dun goberno deben resolverse coa cesión de ambas partes e sempre arredor dunha mesa, non ventilándoas nos medios de comunicación. Sempre actuei coa máxima responsabilidade e mesura, sempre estiven aberto ao diálogo, sempre informei con antelación aos nosos socios de goberno de todos os pasos que fun dando e, cando o considerei de interese, tamén informei á cidadanía.

luns, 17 de xuño de 2019

Acordo de goberno entre PSdeG-PSOE e BNG no concello da Guarda. Mandato 2019-2013


1.-PRINCIPIOS DE FUNCIONAMENTO DO GOBERNO

As áreas de delegación terán autonomía real para desenvolver a súa labor e contarán con sinatura delegada . Queda a criterio de cada grupo a distribución interna de responsabilidades. A Xunta de Goberno estará composta polo Alcalde e 5 concelleíros, tres do BNG e dous do PSdeG-PSOE. Respecto das tenencias de Alcaldía existirá unha única Tenencia de Alcaldía que recaerá no BNG.

Para desenvolver unha eficaz acción de goberno é necesario contar coa aprobación dos orzamentos en tempo e forma, os orzamentos e o Plan Concellos da Deputación aprobaranse por consenso e cunha distribución do 50% para cada unha das forzas políticas que integran o presente acordo.

Crearase unha Comisión de Seguimento paritaria constituida por representantes das dúas formacións políticas que terá como cometido aclarar os puntos non previstos neste acordo, resolver calquera cuestión que poida xurdir froito da acción do goberno, así como facer un seguimento do pacto, a periodicidade das reunións establecerase de mutuo acordo.

Cada forza política terá dereito a comunicación propia e a páxina web, boletín e demais medios xestionaranse de xeíto consensuado.

2.-ORGANIZACIÓN DO GOBERNO
 
As áreas de responsabilidade estarán distribuidas do seguinte xeíto:

ALCALDIA
Corresponderá ao cabeza de lista do partido socialista, corresponderalle á representación da  institución e as relacións con outras administracións.

TENENCIA DE ALCALDÍA
Corresponderá a única tenencia de alcaldía ao cabeza de lista do BNG.

GRUPO MUNICIPAL DO PSOE

1.-Urbanismo: urbanismo, planeamento, xestión, execución e disciplina urbanística.
2.-Servízos á Cidadanía e Vías e Obras no rural: auga potable, rede de saneamento, alumeado público, recollida & tratamento de residuos, limpeza viaria, e vías e obras no rural (parroquia de Salcidos e parroquia de Camposancos).
3.-Educación e Formación: mantemento dos centros de primaria, Obradoiros, conservatorio, educación de adultos e voluntariado.
4.-Festas e Festexos Populares: Samaín, Entroido, Noites no Castelo & Alfombras.
5.-Patrimonio: arquivo histórico, promoción do patrimonio, Camiño Portugués da
Costa, albergue, museos e Castelo de Santa Cruz.
6.-Participación Cídadá, Transparencia e Administración Electrónica: transparencia,
información pública e bo goberno, admón electrónica e participación da cidadanía.
7.-Persoal e Facenda: planificación e xestión dos recursos humanos, facenda.
8.-Deportes: dinamización deportiva, fútbol, skate, pavillón, piscina, instalacións deportivas, subvencións deportivas.

GRUPO MUNICIPAL DO BNG

1.-Mobilídade Cidadá e Vías e Obras no casco urbano, policía local e Emerxencias: ordenación do tráfico, mobilídade urbana, vías e obras no casco urbano, deseño alumeado público no centro, GES, policía municipal.
2.-Comercío: dinamización comercial, praza de abastos, mercadillo e festas de Nadal.
3.-Turismo: dinamización turística, praias, oficina de turismo, festas de interese turístico, socorristas, cooperación transfronteiriza.
4.-Cultura: biblioteca, promoción e dinamización cultural, Omix, subvencións culturais, Centro Cultural, Feira do Libro, Sinde Vello e Centro Social de Salcidos.
5.-Servizos Sociais: servizos socíaís, dependencia, emerxencia social, xantar na casa, subvencións sociais, gardería.
6.-Igualdadez CIM, programas de igualdade.
7.-Normalización Língííística: campañas de normalización e programas de galeguizacíón de actividades sociais, galeguización do rueiro, garantía de uso de galego en toda a documentación municipal, acadar acordos con outros concellos para a contratación dun técnico de normalización lingúística.
8.-Medío Ambiente: parques e xardíns, protección e mellora do medio ambiente, salubridade.

3.-PROGRAMA DE GOBERNO
 
  • Os grupos de PSdeG-PSOE e do BNG comprométense a desenvolver o Plan de Mobilidade redactado pola Deputación de Pontevedra, respectando as indicacións establecidas no mesmo en materia de planificación; tempos e actuacións concretas cara a súa implantación definitiva. O desenvolvemento
  • deste plan parte do criterio de defender un novo modelo urbano pensado para recuperar o espazo público para as persoas, onde a príoridade será a mobilidade peonil. Este plan, cormo calquera outro proxecto, estará suxeito ás modificacións que se acorden por parte da Comisión de Seguimento que se constítúe dentro deste acordo de goberno entre PsdeG-PSOE e BNG que contarán co asesoramento técnico oportuno.
  • Así mesmo estas dúas forzas políticas comprométense & licitar a redacción dun novo Plan Xeral para A Guarda.
  • Demandar a realización dun estudio-proxecto para un sistema sostib1e de comunicación transfronteiriza para persoas & vehículos a través do río Miño entre A Guarda e Caminha, tal 6 como está recollido na estratexía da AECT—Río Minho.
  • Este goberno comprométese a:
  1. Traballar pola execución da apertura da rúa Inguieiros.
  2. Habilitar un espazo axeitado para o departamento de servizos sociais.A
  3. A aplicación da Lei de Memoria Histórica.
  4. Demandar das administracións competentes a execucíón do vial entre Goian e Tui, novo acceso ao porto da Guarda, o Polígono Industrial e a nova Gardería Municipal.
  5. Instar á administración competente para que a frota pesqueira poda contar cun punto de abastecemento de carburante no Porto, así como solicitar a urbanización do entorno do Museo do Mar.
Sinaturas

Mª Monserrat Magallanes Álvarez
Secretaria Xeral da Agrupación Socialista da Guarda


Beatriz Lomba Rodríguez
Responsable local do BNG da Guarda

xoves, 23 de maio de 2019

Comunicado da Agrupación Local Socialista da Guarda en relación á charla-debate organizada para este xoves, 23 de maio, polo Club Balonmán Atlético Guardés




Dende a Agrupación Local Socialista da Guarda queremos manifestar, en primeiro lugar, que non nos parece correcto unha convocatoria realizada con tres días de antelación (luns 20 de maio) para unha charla-debate a 3 días das eleccións municipais (xoves 23 de maio).
No noso caso, non se consultou sobre a dispoñibilidade para asistir a charla e, como resulta obvio en plena campaña electoral, temos programados e anunciados moitos actos con veciños, sectores, asociacións e organizacións. Neste caso concreto para o xoves 23 de maio temos anunciado dende o principio de campaña unha charla mitin no Castro, ás 20:30 h, que en ningún caso, por respecto aos veciños, podemos anular.
En segundo lugar dubidamos que unha convocatoria de todos os grupos políticos para “charlar e debater” nun lugar que non é espazo electoral e sen previa solicitude a xunta electoral se poida realizar.
Por outra banda non temos ningún inconveniente en reunirnos cos responsables do Balonmán Atl. Guardés, como así o levamos facendo durante toda a lexislatura. A última xuntanza co presidente do club produciuse o sábado día 13 de abril. Naquela ocasión o alcalde da Guarda e candidato a alcaldía pola Agrupación Socialista da Guarda, Antonio Lomba, trasladou ao presidente as propostas de futuro e a disposición dos seu grupo e do concello a apoiar o balonmán sempre na medida das súas posibilidades.
As cuestións concretas trasladadas polo alcalde naquela xuntanza respecto aos intereses do Atl. Guardés foron as seguintes.
1º. O concello ten un ambicioso proxecto, redactado pola Deputación de Pontevedra, de reforma e ampliación do pavillón municipal da Sangriña. Este proxecto que tivo entrada estes días no concello, e que aínda está en fase de revisión, está a disposición dos responsables do balonmán. Naquela xuntanza o alcalde comunicou ao presidente do club que quería que fora o primeiro en coñecer o documento. Este proxecto, para o que habería que buscar financiamento, representa unha solución para o pavillón na Guarda a medio prazo.
2º O alcalde trasladou tamén, a José Manuel Silva, que o concello estaba redactando unha modificación do PXOM para un “Plan especial de Infraestruturas e Dotacións Deportivas da Sangriña”, na zona da Piscina. A recualificación deste terreo rústico en dotacional deportivo permitirá habilitar 20.000 m2 para un futuro pavillón ou multiusos. Este proxecto xa comezou a súa tramitación, está redactado e enviado á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático para a Avaliación Ambiental Estratéxica. A habilitación deste terreo permitirá que nun futuro, no caso de conseguir financiamento, se poida construír na Guarda un novo pavillón. Está iniciativa está pensada como a solución a longo prazo.
3º Por último o alcalde tamén comunicou, ao presidente do Mecalia Atl. Guardés, que o concello aumentou a subvención ao club. Os 25.000 € que recibía increméntanse, para este ano 2019, en 10.000 € máis, vinculando esta subida as necesidades do club no caso de que teña gastos extraordinarios con motivo da súa participación en competicións da copa da Raíña ou Europeas.
Hai que lembar que os esforzos en investimentos e xestión feitos polo concello nesta lexislatura foron importantes. Conseguimos a reforma dos vestiarios, o novo alumeado, a reparación da cuberta e o novo marcador, entre outras cousas.
Para o futuro queremos trasladar ao club que, polo que a nós respecta, o concello da Guarda sempre estará a súa disposición para colaborar na medida das súas posibilidades.

Agrupación Local Socialista da Guarda
Monserrat Magallanes Álvarez
Secretaria Local

martes, 21 de maio de 2019

martes, 30 de abril de 2019

Candidatura Socialista ás Eleccións Municipais de 2019

 Ampliar 
  1.  Antonio Lomba Baz
  2. María Monserrat Magallanes Álvarez
  3. Miguel Ángel Español Otero
  4. María Elena Baz Rodríguez
  5. Fátima Rodríguez Marcos
  6. Rafael Álvarez Martínez
  7. María Elena Cadilla Domínguez
  8. Barbara Domínguez González
  9. José Antonio Moraleda Santos
  10. Ismael Rodríguez Velasco
  11. Carla Vizoso Morales
  12. Iván Rodríguez González
  13. Mª del Carmen Covadonga Mosquera Pérez
  14. Paulino Rodríguez González
  15. Diana Alonso Chaver
  16. María Teresa Vicente Baz
  17. José Manuel Domínguez Freitas
  18. Marcos Freitas Baz
  19. José Luis Pacheco González
  20. Carmen María Castro González
  21. Pedro Borrajo Rivas
  22. Julia Sobrino González 
Camposancos. Fernando Román Cajaraville

venres, 16 de marzo de 2018

Os Socialistas da Guarda trasladan o problema do deterioro no litoral do esteiro do Miño ata os parlamentos Galego e Español.

Na mañá do venres 16 de marzo visitaron a zona do esteiro do Miño, que está sufrindo estragos no litoral, a deputada do parlamento Galego e portavoz de medio ambiente do grupo socialista, Patricia Vilán, e o deputado no parlamento Español, pola provincia de Pontevedra, Guillermo Meijón.
Patricia Vilán e Guillermo Meijón cos socialistas Guardeses
O obxectivo da visita dos deputados, aos que acompañaron os membros do equipo de goberno municipal xunto co presidente da Entidade Local Menor de Camposancos, é coñecer de primeira man os efectos destrutivos que o río está a producir en dous puntos do litoral: a zona da praia Lamiña-O Forte e a zona do Codesal.
Na zona da Lamiña-O Forte, estase a producir unha erosión acelerada con perda de parte do cordón dunar e caída de numerosas árbores, co risco de que a auga acabe por inundar unha zona na que o nivel do terreo é máis baixa ca do río, o que podería ter uns efectos impredicibles.
Na zona do Codesal produciuse a destrución dunha escolleira reparada por Costas do Estado no ano 2016, o que provocou tamén a caída de numerosas árbores e pon en risco a senda peonil que discorre ao carón do litoral. A situación é tan perigosa que o concello sinalizou a zona como medida de precaución para os usuarios desta senda.
En días pasados o concello solicitou, das administracións que teñen competencias no litoral do río que está a sufrir este proceso de destrución, a tramitación de emerxencia das actuacións que paren o proceso e que permitan a recuperación da praia.
En vista de que, por parte da Xunta e do Goberno Central, non se responde á solicitude do concello e non se asumen as responsabilidades que lles corresponden, os deputados do PSdeG-PSOE trasladarán este problema aos parlamentos Galego e Español, con sendas iniciativas que pidan responsabilidades aos gobernos e para que atendan as demandas .