- O comezo do expediente de licitación da explotación e mantemento da piscina municipal da Guarda necesitou da aprobación plenaria do estudo de viabilidade económico-financeira.
Este estudo é un documento técnico elaborado polos servizos económicos do concello cos datos subministrados pola empresa que actualmente presta o servizo.
A Guarda a 24 de outubro de 2022. Coñecedores da renuncia da empresa prestadora do servizo á prórroga que lle permitiría continuar co contrato, o equipo de goberno do concello da Guarda, comezou, a primeiros de 2022, as xestións para unha nova licitación da explotación e mantemento da piscina. Así, en marzo deste mesmo ano contrataba a “Redacción Estudo e Pregos da Piscina Municipal”.
Coa documentación froito do estudo encargado en marzo e a aportada pola empresa que presta actualmente o servizo, o departamento económico do concello elaborou un documento de viabilidade económico-financeira que foi aprobado no pleno do pasado venres 21 de outubro e que será sometido a información pública durante un mes como paso previo a redacción e publicación dos pregos de licitación.
O equipo de goberno sacou a aprobación do estudo de viabilidade adiante no pleno co apoio do BNG. De non contar cos seus votos favorables a licitación do novo servizo da piscina estaría en suspenso tal e como pretendían o PP e Converxencia Galega. O goberno municipal considera que o intento de entorpecemento destes dous grupos foi unha irresponsabilidade que podía traer graves consecuencias. Xusto as que o PP anunciara nunha nota de prensa fai uns días cando publicaba que, “a empresa que xestiona a piscina municipal da Guarda deixará de prestar servizo o 31 de outubro salvo que se inicie a elaboración dun novo concurso de xestión”. Inicio do concurso que o propio PP tratou de entorpecer.
Para garantir o funcionamento da piscina mentres dure o procedemento da nova licitación o alcalde da Guarda acadou un acordo coa empresa que presta o servizo na actualidade. Dende o goberno guardés transmítese unha mensaxe de tranquilidade aos empregados e usuarios da piscina indicándolle que a continuidade do servizo está asegurado
Ningún comentario:
Publicar un comentario