Nos próximas días o Concello da
Guarda executará a obra de peatonalización parcial da Praza do
Reló. Con esta obra eliminarase o tráfico e aparcamento na maioría
da superficie da praza.
Estado da praza do Reló con coches aparcados |
Nesta nova disposición facilitarase
un aparcamento para minusválidos e unha zona de carga e descarga. Os
carrís de circulación estarán limitados por bolardos extraíbles
de aceiro inoxidable e dotarase de mobiliario ao resto da praza.
A intención do Concello con esta
actuación é por en valor a Praza do Reló como espazo de
convivencia tranquila para todos os veciños e veciñas, dende os
máis pequenos ata os avós.
Novos sentidos de circulación do tráfico |
Ningún comentario:
Publicar un comentario